Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

A árbore da escola

  • Ref. ZKL-G-4642596
  • ISBN: 9788484642596
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Sandoval Rey, Antonio
  • Fecha de edición: 2018
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

"No patio da escola había unha árbore. Só unha. A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore durante os recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esguello, para non chocar con ela. Un día, detívose e fixouse no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas, como de arame, e tiña unhas poucas follas secas. Pedro achegouse e acariñou o seu tronco…" A importancia da educación ambiental, o contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integral e o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes en “A árbore da escola”. Esta historia de estrutura circular narra -cunha linguaxe sinxela- a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo. Malia a reticencia inicial a que interactuaran coa árbore, a propia mestra acaba sumándose tamén á iniciativa dos alumnos, que conseguen chamar a atención dos botánicos.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura