Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

A que sabe a lúa? xl

  • Ref. ZKL-3433141
  • ISBN: 9788413433141
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Grejniec,michael
  • Colección: Acartonados
  • Fecha de edición: 2024
  • Fecha de lanzamiento: 10/10/2024
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Unha edición grande e acartonada do clásico ilustrado, agora en galego, ideal para contar e compartir. 

?A que sabe a lúa?? é, sen lugar a dúbidas, unha das publicacións máis emblemáticas do catálogo de Kalandraka. Desde a súa publicación en 1999, máis de 500.000 exemplares deste relato de solidariedade e soños compartidos teñen viaxado a fogares, escolas ou bibliotecas nos diferentes idiomas nos que foi editado: galego, castelán, català, euskara, portugués, inglés, italiano... Kalandraka achéganos agora en lingua galega este clásico contemporáneo nun novo formato en cartoné e tamaño excepcional, ideal para ler en grupo e que de certo se converterá nun recurso imprescindible para mediadoras, escolas e bibliotecas. 

?A que sabe a lúa??, escrito e ilustrado polo autor e ilustrador polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. Basea a súa estrutura nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura de tradición oral. Esta obra convida a ser contada, conseguindo unha grande interacción entre o narrador e os receptores.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura