Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Arrieiros somos

  • Ref. ZZZ-1519485
  • ISBN: 9788491519485
  • Editorial: Galaxia
  • Autor: Riós, Rubén
  • Colección: Varios
  • Fecha de edición: 2023
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

O 14 de marzo do ano 2020 unha pandemia obrigounos a pecharnos nos nosos fogares. Eu decidín pasar ese tempo cos meus pais, nacidos os dous pola década dos 40. Nas súas miradas, no seu rostro de incomprensión, comecei a decatarme que empezaba a ser o pai dos meus pais. Unha sensación que nunca antes sentira. O amor ás raíces dos meus proxenitores, unido á miña mente creativa, son os motores deste libro. En cada unha das súas páxinas téntase trasladar todo o que sentín ao entrar nos fogares de cada un dos protagonistas, tomando como referencia todos os valores que as xentes do noso rural nos inculcaron para ser o que somos hoxe.