Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

As malas mulleres

  • Ref. ZZZ-1515975
  • ISBN: 9788491515975
  • Editorial: Galaxia
  • Autor: Aleixandre, Marilar
  • Colección: Literaria
  • Fecha de edición: 2022
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

PREMIO BLANCO AMOR 2020 PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2022 A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do ?mudo coro das malas mulleres?, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais. A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas. Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.