Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Bioloxía. 2 bacharelato. celme·bachillerato.2ºcurso

5% dto

  • Ref. SM-G-G260500
  • ISBN: 9788498546224
  • Editorial: Xerme
  • Autor: Méndez García, María Jesús
  • Fecha de edición: 2021
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Un proxecto enfocado á aprendizaxe da Bioloxía baseado nos contidos curriculares e na práctica na aula, todo isto adaptado ás necesidades e aptitudes de cada curso. O libro do alumno ofrece un gran número de actividades teóricas, prácticas, competenciais e interactivas que pretenden contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas. Préstase unha especial atención ás novas tecnoloxías a través de vídeos, actividades interactivas e animacións co fin de introducir os alumnos na sociedade da información e facilitar, ao mesmo tempo, a gran cantidade de posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen para esta materia. O proxecto CELME ofrece un tratamento integral na área de Bioloxía e Xeoloxía, cuxos principais sinais de identidade son: #PARTIMOS DE INTERROGANTES E SITUACIÓNS PRÓXIMAS AO ALUMNO: Con imaxes e ilustracións contextualizadas moi afíns á realidade máis próxima, para provocar a motivación por aprender e conseguir así unha aprendizaxe significativa. #APOSTAMOS POLA EXPERIMENTACIÓN: É necesario comprender para aprender e aprender facendo. Propoñemos utilizar métodos da ciencia a través de experiencias sinxelas na aula que obriguen os alumnos a participar activamente na súa aprendizaxe, e ademais propoñemos un traballo de investigación no apartado Ciencia en acción. #CELMEDIXITAL OFRÉCECHE UN CONTORNO DE TRABALLO PERSOAL: Integra ferramentas do mundo dixital que enriquecerán as túas clases de xeito sinxelo e seguro. Poñemos as TIC ao servizo da ciencia, e diversificamos o tipo de actividades.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura