Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Cándido e os demais

  • Ref. ZKL-G-4644200
  • ISBN: 9788484644200
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Pintadera, Fran
  • Fecha de edición: 2018
  • Fecha de lanzamiento: 01/11/2018
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Todos somos diferentes. Con esta premisa preséntasenos a Cándido, unha persoa peculiar cunha gran necesidade de expresarse ante o mundo que o rodea, de ser comprendido e aceptado. Poucas veces un texto tan aparentemente sinxelo propicia unha reflexión tan fonda e necesaria nunha sociedade complexa como a actual. O protagonista da obra distinguida co XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado séntese estraño; comparte cos lectores a súa ollada cara ao resto da xente, á vez que somos partícipes de como os outros percíbeno a el. Alleo á masa uniformizada e seguidista das tendencias cambiantes, Cándido pode sentirse fóra de lugar pero intenta pasar desapercibido; é un ser sensible á inseguridade e á soidade que se pode sentir sendo ignorado. E malia que o mundo se convertese nun lugar hostil cara á natureza e ás persoas, o positivo de todo é que sempre hai un punto de encontro que une a Cándido e os demais. Ou non todos eles. Pero esa xa é outra historia?