Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Choiva de ras


Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías. Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen. "Choiva de ras" é unha aventura trepidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura