Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Nós estamos aquí

  • Ref. ZZZ-4634178
  • ISBN: 9788494634178
  • Editorial: Patasdepeixe
  • Autor: Jeffers, Oliver
  • Fecha de edición: 2021
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Oliver Jeffers escribiu este libro para o seu fillo Harland antes de que nacera. Sentiu a necesidade de escribirlle unha guía sobre o que había atopar no mundo nada máis chegar a el. É unha guía que nos leva desde o máis afastado, o espazo e os planetas, ata o máis íntimo, os afectos, pasando polos mares, paisaxes, corpos e demais fundamentos da vida. Debuxado he escrito co humor e beleza que caracteriza a Jeffers, este libro fainos reflexionar sobre as esencias da vida, e a importancia de coidarmos o planeta para podermos coidar entre nós. É unha lectura divertida, fermosa e fundamental que non debe faltar en ningún fogar. Crítica e enfoque pedagóxico: Este libro funciona como un zoom que vai do máis grande ao máis pequeno, e a través desta estratexia narrativa o autor mostra todo o que temos na terra e a nosa función no planeta. Un libro con tantas capas como lecturas. Primeiro, o trazo imponente de Jeffers que con cada libro que publica mellora en técnica e capacidade narrativa desde o visual. Os seus debuxos son alegres, intelixentes, retranqueiros e tenros, nun combinado perfecto. Desde un punto de vista didáctico, é un libro cheo a rebordar de cousas que sinalar, nomear e repetir. Hai planetas, animais, medios de transporte, nacionalidades, deportes, paisaxes, partes do corpo, etc. Mais este libro, a difrenza de outros libros para prelectores non se limita a mostrara diversidade, senón que o motor do mesmo é o afecto co que un pai lle describe ao fillo o fogar no que medrará e as reponsabilidades que vivir na terra implica. Desde un punto de vista do xénero, é undos poucos referentes dunha relación pai e fillo na literatura infantil en clave afectiva. Cómpre termos libros coma este entre mans que desmonten a idea ddas masculinidades tradicionais e mostren as relacións entre homes como un camiño afectivo e xeneroso de responsabilidades compartidas. Un pai, un fillo e o nos planeta ábrennos un libro marabilloso que debería vir cun pano do nariz de regalo, pois raro é se non acabas chorando os sete chorares do bonito e tenro que é na súa última páxina.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura