Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Novos amigos

  • Ref. ZKL-G-4644156
  • ISBN: 9788484644156
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Ungerer, Tomi
  • Fecha de edición: 2018
  • Fecha de lanzamiento: 01/11/2018
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Unha familia africana instálase nun novo barrio. No seu aniversario, o pequeno Rafi non ten a quen invitar porque aínda non fixo amizades pero, grazas ás ferramentas que o seu pai lle foi regalando, decide construír os seus propios amigos creando figuras con materiais reutilizados. Un día coñece a Ki, a filla dunha parella asiática que vive a carón da súa casa e ofrécese a coser roupa para vestir os bonecos. É así como, ademais de veciños, convértense en grandes amigos, unidos por unha afección común: a creatividade. Non faltará quen os insulte por seren emigrantes e por coller nos vertedoiros o necesario para traballar, nin autoridades que poñan trabas a que poidan continuar desenvolvendo a súa imaxinación. Sen embargo, Rafi e Ki fanse famosos polas súas obras e animan a outras persoas a facer o mesmo.