Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

O autobus da selva


A tartaruga Pepa é deses seres dispostos sempre a axudar aos demais. Unha tarde, un ratiño mancado, e tamén algo lacazán, pídelle que o transporte sobre a cuncha. Ao día seguinte, outros bichiños da selva aproveitan a boa vontade de Pepa e utilízana como autobús. A cousa empeza a revirarse cando os animais máis mangallóns, como a elefanta, esixen o mesmo trato. Premio Frei Martín Sarmiento, 2010.