Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

O libro dos porcos

  • Ref. ZKL-4645719
  • ISBN: 9788484645719
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Browne, Anthony
  • Colección: Tras Os Montes
  • Fecha de edición: 2023
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

A recuperación dun clásico maxistral. Un álbum valente e orixinal, unha reflexión sobre o machismo e a discriminación de xénero chea de ironía e sentido do humor. Bule co almorzo, muller! Bule co almorzo, mamá! berrábanlle todas as mañás á señora Porcón, como ocorre en moitos fogares, antes de marchar ás súas importantísimas ocupacións. Pero, un día, cansa, despediuse cunha nota que dicía: Sodes uns porcos! A partir de entón, nada volveu ser o mesmo. Ademais da indubidable actualidade do tema e do seu acertado tratamento, ?O libro dos porcos? é un álbum ilustrado perfecto, cuxa relectura nos fará descubrir -dende a cuberta ata a contraportada- unha infinidade de divertidos indicios, detalles ocultos e metáforas visuais que dialogan cos lectores e lectoras na busca da súa complicidade. Kalandraka recupera este clásico escrito e ilustrado por Anthony Browne en 1986, ideal para compartir e reflexionar con público de diferentes idades.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura