Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Pauliño é un cabalo


Pauliño ten sete anos, vive cos seus pais e a súa irmá Águeda que é un bebe e de momento nin anda nin fala. Pauliño é fraco, pequecho, e parece un rapaz coma todos os outros. Unha mañá Pauliño saíu da cama dun chimpo e ceibou un rincho. -Hiiiiiii! Malia ser un cabalo, Pauliño debe lavarse, cepillar os dentes, ir a escola, facer os deberes... Pero Pauliño quere ser un cabalo salvaxe, dos que andan polo monte, moi preto da aldea onde vive a avoa.