Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Relixión católica. 1 primaria. a nosa casa·primaria.1er curso

10% dto

  • Ref. SM-G-011100
  • ISBN: 9788498547726
  • Editorial: Sm
  • Autor: Díaz Montejo, Mª Adoración
  • Fecha de edición: 2021
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

O proxecto A Nosa Casa para a etapa de Primaria de Relixión Católica responde ao #reto ecolóxico# do papa Francisco na encíclica Laudato si´ de coidar a nosa casa común. Os contidos bíblicos e teolóxicos desenvolven o currículo da CEE e articúlanse arredor do coidado persoal, do coidado do contorno e do coidado do planeta. Unha familia de sete membros coa súa mascota introduce o alumno nos contidos de cada unidade cunha especial atención á diversidade cultural e a valoración de persoas con discapacidade. Unha aposta decidida por ilustracións bíblicas de alto nivel estético permite abordar os contidos bíblicos establecendo un diálogo entre Biblia e arte. Os contidos teolóxicos propostos polo currículo da Conferencia Episcopal desenvólvense cunha linguaxe accesible para os alumnos, apoiándose en textos maxisteriais tamén adaptados ao nivel de comprensión do alumnado e encarnados en #testemuñas# que exemplifican nas súas vidas os contidos que se están a explicitar. Unha dobre páxina arredor do #coidado# permite traducir as aprendizaxes en prácticas cotiás. Prácticas que se abren ao ámbito escolar, veciñal e familiar. As unidades péchanse con resumos ilustrados coa técnica de Visual Thinking ou Pensamento Visual, que facilitan a síntese intuitiva das aprendizaxes adquiridas.