Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Un anarquista


Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentará o amor, o sexo, os praceres da vida. Pero está, sobre todo, unha cidade disposta a pisar o acelerador da historia: Barcelona experimenta un renacemento do movemento anarquista que se enfronta aos consensos da Transición. Duarte, personaxe desconcertante para algúns, capaz de acoitelar un home por vinganza, enérxico militante antiautoritario para outros, verase envolto nesa corrente que o arrastrará ata o caso Scala. Entre a ficción e a crónica histórica, cun pé nos feitos reais e outro na pura fabulación, esta novela recrea os sucesos máis vibrantes daquela breve primavera libertaria. Unha loita social que sería desbaratada, en xaneiro de 1978, polos servizos de intelixencia da Policía. Queda unha pregunta: quen era Miguel Duarte?
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura